Medio ano despois de rematado este proxecto, imos vendo resultados dos que esperamos poder seguir impulsando se logramos financiación para seguintes fases do noso programa de Defensa do Dereito á Auga en Honduras (niso estamos!). Mentres se conclúe a etapa de entrega de certificados ao persoal técnico capacitado co Programa de Persoal Técnico Certificado en Administración, Operación y Mantenimiento de Sistemas de Agua y Saneamiento da Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento (AHJASA), ao que se contribuiu co proxecto, xa se comeza a promocion para a contratación do mesmo en grupos de aproximadamente 6 comunidades (aldeas) por persoa técnica formada. Este persoal técnico vai facilitar todo un proceso de desenvolvemento en xestión dos sitemas de abastecemento e saneamento en cada comunidade que participe na contratación da asistencia ofrecida. Do que se trataría é de que as propias comunidades poidan xuntarse varias para pagar o salario dunha persoa que se ocupe do sistema. No folleto da imaxe pódese ver máis información.

Confírmannos dende AHJASA a contratación das primeiras dúas persoas técnicas segundo o seu plan proposto ás comunidades, despois de que se formaran co programa mencionado, un en Olancho e outro en Francisco Morazán (neste caso, dentro dos programas de AHJASA con outras financiacións). Outras dúas asambleas comunitarias que se realizaron, aprobaron xa asinar os respectivos contratos para recibir a asistencia deste perssoal técnico certificado. Ademais, na recente reunión da Junta Directiva de AHJASA de Amapala (no sur de Honduras, onde si apoiamos directamente o programa), como contan só cun técnico, falouse de que probablemente van ter que buscar outra persoa técnica das formadas polo programa.

Reunión en Sabana Grande (departamento Francisco Morazán)

Reunión en Amapala (departamento de Valle)

La entrada Primeiras contratacións do persoal formado no programa de técnicas en administración de sistemas de auga aparece primero en ESF Galicia.